Saturday 27 de April de 2024

En marcha a construción dunha beirarrúa no tramo da rúa Canarias fronte ao novo mercado para mellorar a seguridade viaria


O Concello de Riveira informa do inicio das obras para dotar dun novo tramo de beirarrúa á rúa Canarias no espazo comprendido entre a rúa Galicia e o Malecón, xusto fronte ano novo mercado municipal situado na cidade de Santa Uxía.

Trátase dunha zona que carece desta infraestrutura por unha das súas marxes e, co fin de mellorar a seguridade da vía, vanse instalar 55 metros cadrados de lousas rectangulares de pedra de granito silvestre semellantes ás xa existentes na contorna. Ademais, serán instaladas dúas acometidas de pluviais en PVC con diámetro de 160 milímetros.

A empresa que se encarga de materializar esta actuación é Florida Galicia, S.L.. O Seu importe ascende a 7.396,92 euros, IVE incluído.